miércoles, 14 de julio de 2010

Fin prazo concurso fotos

Bos días! Antes de nada agradecer a participación de todos e todas. Sabemos que nesta nova edición de Trevenatio había pouco tempo para a "reacción" ante este novo concurso, pero pensamos que é algo que pode ser positivo para botar un xérmolo e que sexa algo contínuo para edicións futuras. Agradecemos a enorme resposta que tivo esta acción e dentro de pouquiño, dentro da carpa principal da feira, poderedes ver expostos os vosos traballos e coñecer o fallo do xurado. Avisamos dende aquí a que non admitiremos máis fotos no concurso, posto que o xurado ten reunirse e TREVENATIO 2010, está aí as portas, pero animamos a que visitedes a exposición que é ben fermosa!
Ao longo destas horas subiremos o resto das fotos que chegaron o último día, que foron moitas, e agardamos a que sigades o noso blog para estares ao día das novidades do vindeiro concurso!

Grazas a todos!

1 comentario:

  1. Espero que este concurso vaia medrando pouco a pouco e que cada ano vaian sendo máis e máis os que manden as fotos dese lugar, con tanto por fotografiar...

    ¡Unha perta!

    ResponderEliminar