martes, 6 de julio de 2010

I Camiñada Vereas da Veiga


Velaquí deixamos información doutra das actividades que terán lugar dentro deste TREVENATIO 2010. Agardamos que vos guste e que a xente se anime a coñecer os recantos deste paraíso natural, nada máis e nada menos, que camiñando.... Pasiño a pasiño!



1º.- ORGANIZACIÓN DA CAMIÑADA - BASES



a).- O percorrido comezarase no pobo de Xares, a unha altura de 996 m. A saída se efectuará as 9:30 h. da mañá.


b).- A distancia a percorrer desde a saída en Xares, ao punto final en A Veiga, e duns 11,1 km., e o tempo total camiñando, estímase nunhas tres horas (3 h.).


c).- O longo da camiñada, realizaranse descansos de corta duración para acurtar distancias e manter o grupo, deste xeito tódolos participantes manterán un ritmo igual de paso.


d).- Durante o percorrido se irán dando explicacións sobre toponimia dos lugares, lendas, plantas medicinais e arquitectura popular.



2º.- EQUIPO E MATERIAL


a).- Para realizar a marcha, se aconsella o emprego de calzado adecuado para camiñar por sendeiros inestables e pedregosos. É conveniente ademais levar algunha prenda de abrigo para os descansos.


b).- A ración de marcha de tipo lixeiro que debe levar cada participante, pode consistir en: froitos secos, barriñas de cereais, chocolate, algunha froita e auga suficiente.


3º.- ORGANIZACIÓN XERAL


a).- Os participantes deixarán o coche no pobo de Xares.


b).- O remate da marcha terá lugar o derredor das 12:30 a 13:00 h. da mañá en A Veiga. A continuación, un vehículo levará aos condutores a recoller os seus coches en Xares.


4º.- DATOS XERAIS


a).- De Xares a Baños:  8,180 km.- 135 min.

De Baños a Veiga: 2,920 km.- 45 min.

Da Saída en Xares á a chegada en A Veiga: 11,100 km.- 3 horas.



5º.- OBSERVACIÓNS


a).- A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrer os participantes, pero está previsto e se tratará por tódolos medios de evitalos.


b).- Os participantes deberán respectar as instrucións da organización


c).- Os participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, evitar calquera dano a animais e plantas.


d).- O lixo acumulado de cada participante deberá depositarse nos contedores do pobo no lugar de chegada.

PERFIL DA CAMIÑADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario