miércoles, 30 de junio de 2010

Cartel xa definitivo da Marcha Cicloturista

Outra vez andamos por estes lares! Aínda que de forma provisional...porque temos que poñer as horas de saída desta proba, tal e como comentaba e preguntaba nun post un dos seguidores de TREVENATIO, colgamos o cartel da Marcha Cicloturista, para que vexades máis de preto que seguimos pechando o amplo calendario de actividades de TREVENATIO 2010...
Agardamos que vos gusten as nosas propostas e actividades para todos!

Máis cousas sobre o programa de Trevenatio



Bos días a todos e todas!
O concello da Veiga está a ultimar os detalles dunha das súas citas imprescindibles cada ano: Trevenatio. A feira, que edición tras edición ten máis visitantes, contará este ano cun slogan que define o seu obxectivo principal, ser a gran festa da natureza.
Enmarcada nun ámbito inmellorable, a praia dos Franceses será, un ano máis o punto de partida para os que se acheguen estes días a este canto de Ourense. Nesta situación terá lugar a exposición de postos de numerosas entidades e colaboradores que non quixeron faltar a esta cita anual. Máis de 1.500 metros cadrados de exposición onde o medio e a conservación serán protagonistas.

I Concurso fotografía ambiental Trevenatio
Unha das novidades desta edición, é a celebración do I Concurso de Fotografía Ambiental "Trevenatio", que premiará con 500, 300 e 150 euros as mellores instantáneas sobre o ámbito e a natureza do municipio da Veiga. O prazo para participar xa está aberto e as bases pódense consultar no blog de Trevenatio http://trevenatio.blogspot.com/. O fallo do xurado dará lugar á exposición das fotografías participantes e á entrega de premios durante a celebración desta edición da feira.

Actividades para todos

Ante os ollos do chamado teito de Galicia, Pena Trevinca será testemuña dunha morea de actividades para todos os públicos e idades. O deporte ao aire libre será un denominador común durante os tres días que durará Trevenatio.
A día de hoxe, prevese a asistencia de máis de 600 deportistas e afeccionados que simultáneamente e en diferentes situacións do municipio, desenvolverán diferentes actividades. Piragüismo, pesca, rutas en bicicleta, sendeirismo, orientación, tiro con arco, son só unha pequena parte do total. E é que a extensión do municipio e as múltiples posibilidades que ofrece, dende a alta montaña ata a praia Dos franceses, converten á Veiga no lugar idóneo para unha cita multidisciplinar, que xunte o deporte, medio e postos.
 
Trevenatio para nenos
Outro dos puntos fortes do programa que ofrece esta edición 2010, é a participación infantil. A organización pretendeu que os nenos sexan protagonistas no medio natural e para iso instalaranse tirolinas, haberá cuentacuentos en directo, talleres de maxia, actividades de orientación para os máis pequenos e diversos talleres especiais.

Unha cita gastronómica

Potenciar a gastronomía galega e en especial a de Ourense e das terras da Veiga é unha prioridade para a organización deste Trevenatio. Para conseguilo o concello conta coa colaboración da Asociación de Hostaleiros do municipio que repiten cunha iniciativa que obtivo grande éxito edición tras edición. Elaborarase un tícket para realizar unha ruta gastronómica polos diversos establecementos da Veiga onde se degustará un pincho diferente. Unha forma de que todos os se acheguen estes tres días, poidan coñecer a excelente cociña da zona.
Pero por se isto fose pouco, o venres 16, terá lugar unha cata de viños no recinto principal que achegará a expertos a unha zona tan famosa polos seus caldos como é a bisbarra de Valdeorras.

Un padriño de excepción acompañado da mellor música
En canto ao calendario confirmado polo momento, dicir que o humorista Moncho Borrajo será o encargado de ler o pregón desta edición, o sábado 17 á 13:00 horas e que a noite do mesmo sábado, -ás 22:30 h. -, a música percorrerá as Terras Altas de Trevinca coa celebración dun concerto de Mutenrohi. Tras a actuación destes magos do folk, seguirá a festa cunha verbena popular.

lunes, 28 de junio de 2010

Inscrición MARCHA CICLOTURISTA

Hola a todos! Por se quedou algunha dúbida no post anterior, confirmamos que para facer a inscrición para a I Marcha Cicloturista, tedes que enviar un correo electrónico a trevenatio@gmail.com poñendo os vosos datos:
Nome e apelidos:
Enderezo:
Idade:
Se pertence a algún clube ou asociación:

Así que xa o sabedes... enviade o correo a trevenatio@gmail.com e a participar!

domingo, 27 de junio de 2010

I Marcha Cicloturista BTT “Senda Verde do Xares”

Adiantamos pouco a pouco actividades deste TREVENATIO. Unha das novidades é esta Marcha cicloturista, con máis de 30 Km, que percorrerá todo o contorno do encoro de Prada.
Para que teñades todo claro, aquí tedes datos sobre a actividade:
  1. O inicio será na localidade da Veiga na Praia dos Franceses e o seu fin no mesmo lugar logo dun percorrido que pasará, entre outras, polas localidades de Casdenodres, Candeda, Prada, Oleiros, Vilaboa, seguindo todo o contorno deste encoro. Será un percorrido polo interior dunha masa forestal exuberante composta por unha grande variedade de especies forestais representativas de Galicia.
  2. Durante o traxecto atoparemos tamén numerosas praias fluviais únicas en Galicia cunha beleza comparable ás mellores das nosas costas.
  3. A marcha ten un perfil asequible para a meirande parte dos deportistas, polo que pode ser unha excelente oportunidade para coñecer A Veiga.
  4. A inscrición será totalmente gratuita, asumindo a Organización de Trevenatio 2010 o custe da totalidade dos seguros necesarios para a boa realización da marcha. 
  5. A cada participante daráselle, de balde, un maillot conmemorativo, así como diferentes agasallos  de Trevenatio. O avituallamento en todo o percorrido correrá da man da Organización, así como a manutención dos participantes. 
  6. Ao final da marcha, e nunha comida de confraternidade, terá lugar a entrega de diferentes distincións, entre as que estará un diploma acreditativo certificanado a súa participación neste acontecemento.
  7. Poñeranse a disposición dos participantes todos os servizos hixiénicos necesarios, duchas, etc. e o máis importante...NON HAI COTA DE INSCRICIÓN!
  8. A Organización de Trevenatio pon a disposición de todos aqueles que desexen participar un servizo de reservas de aloxamento, ben sexa nos diferentes establecementos de hostalaría como no camping que existe no concello.
  9. Arredor das 11 da noite poderán disfrutar tamén da actuación de Mutenrohi, que actuará en concerto na Praza da Veiga.


Para inscricións e  máis información acceder ao noso blog:

http://trevenatio.blogspot.com/- INSRICIÓN.....TEDES QUE ENVIAR UN MAIL A... trevenatio@gmail.com cos vosos datos: nome, apelidos, enderezo, se pertencedes a algún clube...
A que estades agardando?

viernes, 25 de junio de 2010

A VEIGA: por un futuro sostible


Escrito por Victorina Rey, bióloga

Na actualidade a paisaxe debe ser considerada como un sistema (visión holística) no que interactúan o medio ambiente e a ordeación do territorio, de xeito que o equilibrio entre ámbolos dous vai determinar o mantemento dos espazos naturais sen impedir o desenvolvemento que as sociedades modernas queren conquerir.

É responsabilidade das autoridades políticas, sobre todo de ámbito local, coñecela importancia dos bens paisaxísticos do seu contorno, protexelos e posibilitar que contribúan a unha mellora na calidade de vida dos veciños sen poñer en perigo o seu disfrute polas xeracións futuras ( Informe Brundtland no que se define por 1ª vez o concepto de desenvolvemento sostible incorporado a tódolos programas da ONU e que servíu de eixe para a Cumbre da Terra de Río de Janeiro en 1992 ).

A mellor maneira de entender isto e buscar un exemplo clarificador. En Galicia hai moitos, pero hoxe imos escoller un ben representativo: A Veiga (Ourense).

O concello de A Veiga, está enmarcado na comarca de Valdeorras xunto con Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín e O Bolo. Das súas serras xorden regatos que se aúnan para dar orixe ó Xares un dos afluentes do río Bibei que deixa tódalas súas augas no Sil para que faga caudaloso ó río Miño.

O río Xares nace en Pena Trevinca (con 2.127 metros é a maior altitude de Galicia), cunha grande potencia no seu primeiro tramo, baixa rápido e encaixado, e dicir, a súa capacidade erosiva permítelle afondar nos materiais e introducirse neles, de xeito que o val fluvial está ocupado polo río na súa totalidade. No seu percorrido faise coa auga do Meladas, Requeixo e o Corzo e reflicte na tona cristalina os penedos que o envolven agarimosos, núos no inverno e cubertos con toda a súa explosión de cores no verán. O Xares brincadeiro acomoda as súas augas ó ir chegando á depresión da Veiga onde deixa parte dos materiais que transporta para formar unha chaira na que o val está ocupado polo río e os aluvións. Esta artesa fluvial ten un nome moi galego: unha veiga onde os sedimentos foron a orixe de terras de labor fértiles que abriron a porta os asentamentos humanos da comarca. Sestea o Xares na Veiga, non se detén, racha o bordo da penechaira na Alberguería e, unha vez máis cinguido ás veiras atravesa a zona “das costas” para logo, paseniñamente regalarlle toda a auga ó Bibei en Portomourisco (Petín).

O Xares sorprende, asombra, conquista con tódolos sentidos: o balbordo nas fervenzas e remuiños, o cheiro a limpo das augas rebulidoiras, a composición pictórica dos vales monocromáticos no inverno de nevaradas… todo como resultado da interacción auga – terra, río – rocha, porque a natureza desta determina as formas do relevo. Son rochas metamórficas de idade cámbrica ou precámbrica nas terras altas e granitos hercínicos no resto, porque o Xares, sempre o Xares vainos levar a orixe, cando Galicia se ergue como parte das terras emerxidas do Macizo Hespérico como xerme máis antigo do que logo ía ser a Península Ibérica. Fainos viaxar no tempo cára o inicio do Paleozoico onde os terreos galegos afundidos se acumulan nunha cunca de sedimentación ou xeosinclinal que se vai desenvolver ó longo de 200 millóns de anos ata que no periodo Carbonífero se inicie a oroxenia Hercínica, e dicir, un proceso polo que se vai levantar Galicia e permitir que saian ó exterior os granitos que se fixeron no interior da codia continental, ó mesmo tempo que se van metamorfizar os materias areosos e arxilosos do fondo da cunca sedimentaria para dar orixe a metagrauvacas (areiscas metamorfizadas) e xistos.

Na Veiga podemos ver relevos de rochas vellas, antigas que, no contexto dunha Terra dinámica, rexuvenecen no Terciario e son modelados no Pleistoceno (Cuaternario) por mor das glaciacións que padecerá todo o norte de Europa e tamén as serras orientais galegas.

O glaciarismo cuaternario deixou a súa pegada na Veiga en forma de

• vales en U como o do Meladas que fai sitio nun bosque de ribeira onde se suceden bidueiros, ameneiros, sanguiños…

• de circos glaciares hoxe ocupados por lagos como o Ocelo ou o da Serpe.

Se as pedras se deixan modificar pola auga, polo xeo, co tempo, moito tempo, ese terreo rematará por permitir a presenza de vexetación que será a máis axeitada para as condicións edáficas e climáticas da zona. Da interacción destes factores deriva a eclosión dun terreo que mestura árbores, arbustos e herbas nunha harmonía de tamaños, formas e cores que tódolos anos volve á Edreira, Ponte, Vilanova, Lamalonga…

A Veiga, pola súa historia xeolóxica e xeomorfolóxica conformou un conxunto faunístico e florístico que debe ser preservado e protexido porque exerce unha múltiple función social, económica e cultural.

viernes, 18 de junio de 2010

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL "TREVENATIO"



Hola a todos! Outra das novidades máis importantes desta Festa da Natureza que será TREVENATIO 2010, é este I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL. Animamos a todos e todas a que miredes as bases e poidades gañar ata 500 euros! Premiaremos as fotos máis orixinais e de temática natural, potenciando o medio ambiente, que é un dos tesouros do noso concello.

Bases Galego

Bases Castellano

martes, 15 de junio de 2010

COÑECE A VEIGA


Na Galicia, máis profunda, onde os cumios dos montes acarician o azul do ceo, atopamos o lugar ideal para decansar coa cor das súas paisaxes, a tranquilidade das súas terras e a calidez das súas xentes. O concello da Veiga é un paraíso agardando a seres descuberto. A que esperas?.   Nos límites de Valdeorras con Zamora, en plena montaña ourensana, atopamos o concello da Veiga. Os seus 291,09 Km cadrados de superficie o convirten no concello máis extenso da comarca e nun dos meirandes de toda Galicia.
As 26 parroquias nas que se divide este paraíso natural, con capitalidade na localidade da Veiga, son un verdadero espectáculo para os amantes da natureza e do medio ambiente. A súa poboación, aséntase nas numerosas serras que integran o concello, que conta cunha altitude media de mil metros.
Un relevo característico
Este é o rasgo máis característico da Veiga: o seu relevo montañoso. As serras de San Lourenzo, Calva e Segundeira, polo sur; e a do Eixo, co seu cumio Pena Trevinca (2.124 m.) -o máis alto de toda Galicia- polo norte, vertebran o relieve do concello, modelado pola acción dos xeos e dos cursos fluviais. Arredor destas serras, con máis de 1.200 metros, exténdese un espazocentral de terras intermedias e máis baixas en altitude, onde se asenta a poboación. A altitude de moitos dos seus cumios, reflexa a dureza do relevo do concello da Veiga.

Cuestión de altura
Ademais de Pena Trevinca, existen otros picos con alturas cercanas aos 2.000 metros, como Alto do Torno
(1.942 m.) e o Pico Maluro (1.957 m.). Das serras descienden as augas de regatos e ríos rápidos, con grande foza erosiva, que orixinan vales estreitos. As fortes pendentes suavízanse cara o centro do concello, surcado pola principal arteria fluvial, o río Xares, que no seu camiño cara o Bibei, remansa nos encoros de Prada e Santa Baia.


O clima
Os rasgos climáticos son outra mostra máis da dureza do seu relevo que se caracterizan por duros invernos con baixas temperaturas e neve, e veráns frescos. Estes rasgos, xunto coa escasez de precipitacións, definen un clima continental nunha das áreas máis secas de Galicia. A capa vexetal varía en función da altitude. Os carballos das zonas inferiores deixan paso a matogueiras nos cumios.

domingo, 13 de junio de 2010

FLORA NA VEIGA

Hola a todos outra vez! Non sei se sabedes que a Veiga é un paraíso para os amantes da botánica. No seu territorio hai unha mistura única entre a flora eurosiberiana e a mediterránea. Un verdadeiro paraíso que debedes coñecer. Perderse polos recantos destas terras é unha experiencia singular e sobre todo, dende os cumios das terras máis altas de Galicia, podedes coñecer a flora de alta montaña. Outro agasallo para todos! A que estades agardando?

sábado, 12 de junio de 2010

COMITÉ DE HONRA


Hola a todos! Xa temos o noso comité de Honra... un elenco de persoeiros que apoian a nosa iniciativa e que apostan por TREVENATIO.... Dende aquí queremos que os coñezades e agradecemos que apoien esta FESTA DA NATUREZA...


TREVENATIO 2010

Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijoo
Excma. Sra. D. ª Pilar Rojo Noguera
Excmo. Sr. D. Alfonso Rueda Valenzuela
Excmo. Sr. D. Agustín Hernández Fernández de Rojas
Excmo. Sr. D. Samuel Juárez Casado
Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña
Excmo. Sr. D. Javier Guerra Fernández
Ilmo. Sr. D. José Luis Baltar Pumar
Ilmo. Sr. D. Edesio Yáñez Gómez
Ilmo. Sr. D. Camilo Isaac Ocampo Gómez
Ilma. Sra. D. ª María del Carmen Pardo López
Ilmo. Sr. D. Tomás Fernández Couto Juanas
Ilmo. Sr. D. Ricardo García- Borregón Millán
Ilmo. Sr. D. Eliseo Diéguez García
Ilmo. Sr. D. José Manuel Baltar Blanco
Ilmo. Sr. D. Rogelio Martínez González
Sr. D. José Manuel Freire Couto

jueves, 10 de junio de 2010

PROGRAMA (provisional)

Aquí tedes para descargar o programa provisional desta edición de TREVENATIO... Agardamos que vos guste! Pinchade nel e xa o teredes nos vosos ordenadores para non faltar á cita!

jueves, 3 de junio de 2010

O ENCORO DE PRADA


Estas imaxes non son do Caribe, estas augas azuis-verdosas están nun lugar único en Galicia: no encoro de Prada. Para máis información sobre este lugar non deixedes de linkar neste enlace interesante
http://www.pradaveiga.es/

AXENDA TELEFÓNICA

· Concello
988 350 000

· Oficina de Turismo
988 350 130

. Centro de Saúde
988 350 025

· Garda Civil
988 350 052

· Correos
988 350 007

· Farmacia
988 350 002

· Servizos Sociais
988 350 000

· Oficina de Información Xuvenil
988 350 000

· Oficina de Información á Muller
988 350 000

· Técnico Local de Emprego
988 350 000

· Parada de Taxis de A Veiga
988 350 183

· Parada de Taxis de Xares
988 304 846

CASAS TURISMO RURAL

CASAS DE TURISMO RURAL. COÑECENDO A VEIGA E O SEU PATRIMONIO...

A AIRA DA PETADA
1 habitación individual, 3 dobres e 4 suites.Corzos, S/N 32.360 A Veiga (Ourense)
676 482 902 http://www.airadapetada.com/


TRISQUEL
Casa de aldea-residencia. 3 habitacións dobres con baño compartido.Vilanova 32.366 A Veiga (Ourense) 988 294 858 http://www.otrisquel.com/

EIDO DO TRISQUEL
Apartamentos rurais. 2 apartamentos de 5/7 prazas cada un.Vilanova 32.366 A Veiga (Ourense)
988 294 858
 http://www.otrisquel.com/


PORTO DO CARRO
Casa de aldea-residencia. 3 habitacións con baño incluído.Corzos 32.369 A Veiga (Ourense)
988 294 016
http://www.portodocarro.com/

EIDO DAS ESTRELAS
Hospedaría rural.Valdín 32.369 A Veiga (Ourense)
http://www.eidodasestrelas.com/

ÁRBORES DE LENDA
Rua Xeral nº 91, Xares, 32365 -A Veiga- (Ourense)

Tlf: 988-350136 Fax: 988-350136
http://www.arboresdelenda.com/
 
HOTEL EL CIERVO (XARES)
Estrada Ponte, s/n- A Veiga, Ourense
Tel.: 988 350 237- Fax: 988 350 210
http://www.hotelelciervo.com/
 
HOTEL RESTAURANTE AS CHAIRAS
Carretera de Covelo, s/n, A VEIGA, 32360, Ourense
Tel: 988350168
http://www.portodocarro.com/As%20Chairas.html
 

TURISMO NA VEIGA


Velaquí tedes un mapa turístico da Veiga... se queredes máis información non dubidedes en acceder a http://www.aveiga.es/ onde podedes ver un pouco máis de preto como é o noso concello.

COMO CHEGAR Á VEIGA




Vindo de León / Ponferrada / Monforte pola N-120, ó chegar a A Rúa seguímos a estrada C-533 de Viana do Bolo ata o Alto do Covelo (19 km), e dende alí unha estrada local lévanos ata A Veiga (11 km).

Vindo de Ourense / Benavente pola autovía A-52 saímos na Gudiña e tomamos a C-533 en dirección Viana-A Rúa. A 28 quilómetros da Gudiña chegamos ó Alto do Covelo, onde unha estrada local nos leva ata A Veiga (11 km).

Coordenadas GPS: N 42º 15' 0,7" - W 7º 1' 33,07"
Preme na dirección da que vés e obterás un mapa da ruta.

CONTA ATRÁS PARA TREVENATIO

Xa queda case un mes para a celebración dunha das citas máis senlleiras para os amantes da natureza, dos deportes ao aire libre, da boa música e da montaña. Baixo a atenta mirada do "Teito de Galicia", a Veiga será un ano máis o escenario natural perfecto para a celebración dunha nova edición de TREVENATIO.