viernes, 9 de julio de 2010

Xornadas Gastronómicas “Sabores en Trevinca”


Potenciar a gastronomía galega e en especial a da zona das terras da Veiga é unha prioridade para a organización de Trevenatio. Para conseguirlo o concello conta coa colaboración de TREVIHOST, Asociación de Hostalaría e Turismo de Trevinca que este ano comeza coa iniciativa “Sabores en Trevinca” que consiste na preparación dun menú especial para TREVENATIO, que se poderá degustar dende a noite do venres 16 ata o domingo 18 de xullo. Os establecementos que ofrecen estas primeiras xornadas gastronómicas son:


-Eido das Estrelas

-As Chairas

-Aira da Petada

-Hotel El Ciervo

Menú Eido das Estrelas
Brocheta de Vieiras e gambóns con reducción de piquillo e espárrago verde
Medallóns de venado con salsa de saúco e moras
Xeado de violetas e Bailey´s con fideos de arroz doce

Menú As Chairas
Empanada de lacón con grelos e chourizo con fariña de millo
Solombo de boi con boletus e pastel de patata gratinada
Montonico con salsa de café

Menú Hotel El Ciervo
Flores de calabacín recheas de virutas de solombo de "porco celta" sobre fina crema de ceboleiros e patata
Polo de corral ao estilo da avoa con pure de castañas e noces e surtido de setas
Capricho recheo de crema con salsa de canela, xeado de vainilla e chocolate quente

Menú Aira da Petada
Ensalada morna con verduriñas frescas e langostinos
Carrilleiras de tenreira galega con reducción de Mencía
Tarta á cazola con frutos do bosque ó aroma de menta.



Precio dos menus..................25€ Inclúen viño mencía ou godello

INICIO DAS XORNADAS: noite do venres 16 de xullo ata o domingo 18

No hay comentarios:

Publicar un comentario