martes, 6 de julio de 2010

A senda gastronómica na Veiga



E vos preguntaredes que é isto, non si? Pois nada máis e nada menos que una réplica case exacta, á que lle falta a parte traseira dos tickets da SENDA DO SABOR, un roteiro gastronómico que terá lugar durante o sábado 17 de xullo en tódolos establecementos de hostalaría do noso concello. En cada un deles, poderedes degustar un viño e un pincho diferente para probar a boa gastronomía que temos na Veiga. Os tickets venderanse no stand da organización e do concello e serán entregados cada vez que cheguedes ao establecemento en cuestión. Saboreade a Veiga.... mmmmm

No hay comentarios:

Publicar un comentario