domingo, 27 de junio de 2010

I Marcha Cicloturista BTT “Senda Verde do Xares”

Adiantamos pouco a pouco actividades deste TREVENATIO. Unha das novidades é esta Marcha cicloturista, con máis de 30 Km, que percorrerá todo o contorno do encoro de Prada.
Para que teñades todo claro, aquí tedes datos sobre a actividade:
  1. O inicio será na localidade da Veiga na Praia dos Franceses e o seu fin no mesmo lugar logo dun percorrido que pasará, entre outras, polas localidades de Casdenodres, Candeda, Prada, Oleiros, Vilaboa, seguindo todo o contorno deste encoro. Será un percorrido polo interior dunha masa forestal exuberante composta por unha grande variedade de especies forestais representativas de Galicia.
  2. Durante o traxecto atoparemos tamén numerosas praias fluviais únicas en Galicia cunha beleza comparable ás mellores das nosas costas.
  3. A marcha ten un perfil asequible para a meirande parte dos deportistas, polo que pode ser unha excelente oportunidade para coñecer A Veiga.
  4. A inscrición será totalmente gratuita, asumindo a Organización de Trevenatio 2010 o custe da totalidade dos seguros necesarios para a boa realización da marcha. 
  5. A cada participante daráselle, de balde, un maillot conmemorativo, así como diferentes agasallos  de Trevenatio. O avituallamento en todo o percorrido correrá da man da Organización, así como a manutención dos participantes. 
  6. Ao final da marcha, e nunha comida de confraternidade, terá lugar a entrega de diferentes distincións, entre as que estará un diploma acreditativo certificanado a súa participación neste acontecemento.
  7. Poñeranse a disposición dos participantes todos os servizos hixiénicos necesarios, duchas, etc. e o máis importante...NON HAI COTA DE INSCRICIÓN!
  8. A Organización de Trevenatio pon a disposición de todos aqueles que desexen participar un servizo de reservas de aloxamento, ben sexa nos diferentes establecementos de hostalaría como no camping que existe no concello.
  9. Arredor das 11 da noite poderán disfrutar tamén da actuación de Mutenrohi, que actuará en concerto na Praza da Veiga.


Para inscricións e  máis información acceder ao noso blog:

http://trevenatio.blogspot.com/- INSRICIÓN.....TEDES QUE ENVIAR UN MAIL A... trevenatio@gmail.com cos vosos datos: nome, apelidos, enderezo, se pertencedes a algún clube...
A que estades agardando?

3 comentarios:

  1. non vexo o apartado de inscripciois, para inscribir ó neno, imaxino non haberá límite de idade (ten 15 anos).
    outra cousa, polo que decides a ruta vai ir pola senda verde aberta hai un tempo, ó redor do embalse, é así?, o digo para facer fotos da marcha en diversos puntos.
    un saúdo e parabens pola iniciativa.

    XM O Barco

    ResponderEliminar
  2. Vexo a data paro non a hora de saida.

    ResponderEliminar