martes, 15 de junio de 2010

COÑECE A VEIGA


Na Galicia, máis profunda, onde os cumios dos montes acarician o azul do ceo, atopamos o lugar ideal para decansar coa cor das súas paisaxes, a tranquilidade das súas terras e a calidez das súas xentes. O concello da Veiga é un paraíso agardando a seres descuberto. A que esperas?.   Nos límites de Valdeorras con Zamora, en plena montaña ourensana, atopamos o concello da Veiga. Os seus 291,09 Km cadrados de superficie o convirten no concello máis extenso da comarca e nun dos meirandes de toda Galicia.
As 26 parroquias nas que se divide este paraíso natural, con capitalidade na localidade da Veiga, son un verdadero espectáculo para os amantes da natureza e do medio ambiente. A súa poboación, aséntase nas numerosas serras que integran o concello, que conta cunha altitude media de mil metros.
Un relevo característico
Este é o rasgo máis característico da Veiga: o seu relevo montañoso. As serras de San Lourenzo, Calva e Segundeira, polo sur; e a do Eixo, co seu cumio Pena Trevinca (2.124 m.) -o máis alto de toda Galicia- polo norte, vertebran o relieve do concello, modelado pola acción dos xeos e dos cursos fluviais. Arredor destas serras, con máis de 1.200 metros, exténdese un espazocentral de terras intermedias e máis baixas en altitude, onde se asenta a poboación. A altitude de moitos dos seus cumios, reflexa a dureza do relevo do concello da Veiga.

Cuestión de altura
Ademais de Pena Trevinca, existen otros picos con alturas cercanas aos 2.000 metros, como Alto do Torno
(1.942 m.) e o Pico Maluro (1.957 m.). Das serras descienden as augas de regatos e ríos rápidos, con grande foza erosiva, que orixinan vales estreitos. As fortes pendentes suavízanse cara o centro do concello, surcado pola principal arteria fluvial, o río Xares, que no seu camiño cara o Bibei, remansa nos encoros de Prada e Santa Baia.


O clima
Os rasgos climáticos son outra mostra máis da dureza do seu relevo que se caracterizan por duros invernos con baixas temperaturas e neve, e veráns frescos. Estes rasgos, xunto coa escasez de precipitacións, definen un clima continental nunha das áreas máis secas de Galicia. A capa vexetal varía en función da altitude. Os carballos das zonas inferiores deixan paso a matogueiras nos cumios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario