miércoles, 21 de julio de 2010

FALLO CONCURSO FOTOS

Hola a todos! Perdoade polo retraso pero durante a celebración de Trevenatio esta fin de semana, e debido a problemas coa conexión de internet que tiñamos, non puidemos comunicar os gañadores do concurso de fotografía. Aí están os nomes e os títulos dos gañadores.  Noraboa a todos e grazas por participar!
1º Premio con 500 euros: Travesía polas montañas de Pena Trevinca
Autor: Carlos Arca Fernández









2º Premio con 300 euros: Los colores que nos regala la naturaleza en A Veiga
Autor: Juan Carlos Álvarez Durán
3º Premio con 150  euros: Otro lugar mágico
Autor: María Jesús Carmen Calvo Otero

viernes, 16 de julio de 2010


Xa está aquí a revista de Trevenatio, que se distribuirá durante a celebración deste encontro. Unha selección de artigos sobre A veiga, sostenibilidade, cambio climático, bosques sostibles, etc. Unha revista moi natural e de balde,para todos os que se acheguen ata A Veiga durante o 16, 17 e 18 de xullo!
Agardámosvos!
                       (Premede sobre o enlace que pon revista de trevenatio e poderedes vela online!)

jueves, 15 de julio de 2010

Mutenrohi chega á Veiga


MUTENROHI “Folk en estado puro”


Mutenrohi, unha das bandas de folk galegas con máis proxección internacional, afronta este 2010 cunha formación renovada e un novo espectáculo que destaca polo seu contundente directo, a calidade das súas melodías e a voz de Eva Carreras. Acantante, tralo seu paso pola academia de Operación Triunfo e a gravación deo seu primeiro traballo en solitario “Aries Imperfecto”, únese definitivamente á banda coa que colaborou en numerosas ocasións. O concerto da Veiga será ás 23.45 e agardamos que disfrutedes con eles!
 
 

Cambio horario inauguración

Bos días a todos! Anunciamos un cambio na hora da inauguración oficial de trevenatio. Será ás 18:00 horas e non ás 18:30 como se anunciara anteriormente.

miércoles, 14 de julio de 2010

Fin prazo concurso fotos

Bos días! Antes de nada agradecer a participación de todos e todas. Sabemos que nesta nova edición de Trevenatio había pouco tempo para a "reacción" ante este novo concurso, pero pensamos que é algo que pode ser positivo para botar un xérmolo e que sexa algo contínuo para edicións futuras. Agradecemos a enorme resposta que tivo esta acción e dentro de pouquiño, dentro da carpa principal da feira, poderedes ver expostos os vosos traballos e coñecer o fallo do xurado. Avisamos dende aquí a que non admitiremos máis fotos no concurso, posto que o xurado ten reunirse e TREVENATIO 2010, está aí as portas, pero animamos a que visitedes a exposición que é ben fermosa!
Ao longo destas horas subiremos o resto das fotos que chegaron o último día, que foron moitas, e agardamos a que sigades o noso blog para estares ao día das novidades do vindeiro concurso!

Grazas a todos!

domingo, 11 de julio de 2010

Imaxe de “Sabores en Trevinca”


Como pasa en todas as ocasión, a medida que chega Trevenatio, temos máis información que darvos sobre o acontecemento. Hoxe imos colgar a imaxe das Xornadas Gastronómicas que anunciabamos onte no noso blog. Teñen moi boa pinta e sobre todo, ao ler o menú... xa nos entra fame! Bo proveito!


 




viernes, 9 de julio de 2010

Xornadas Gastronómicas “Sabores en Trevinca”


Potenciar a gastronomía galega e en especial a da zona das terras da Veiga é unha prioridade para a organización de Trevenatio. Para conseguirlo o concello conta coa colaboración de TREVIHOST, Asociación de Hostalaría e Turismo de Trevinca que este ano comeza coa iniciativa “Sabores en Trevinca” que consiste na preparación dun menú especial para TREVENATIO, que se poderá degustar dende a noite do venres 16 ata o domingo 18 de xullo. Os establecementos que ofrecen estas primeiras xornadas gastronómicas son:


-Eido das Estrelas

-As Chairas

-Aira da Petada

-Hotel El Ciervo

Menú Eido das Estrelas
Brocheta de Vieiras e gambóns con reducción de piquillo e espárrago verde
Medallóns de venado con salsa de saúco e moras
Xeado de violetas e Bailey´s con fideos de arroz doce

Menú As Chairas
Empanada de lacón con grelos e chourizo con fariña de millo
Solombo de boi con boletus e pastel de patata gratinada
Montonico con salsa de café

Menú Hotel El Ciervo
Flores de calabacín recheas de virutas de solombo de "porco celta" sobre fina crema de ceboleiros e patata
Polo de corral ao estilo da avoa con pure de castañas e noces e surtido de setas
Capricho recheo de crema con salsa de canela, xeado de vainilla e chocolate quente

Menú Aira da Petada
Ensalada morna con verduriñas frescas e langostinos
Carrilleiras de tenreira galega con reducción de Mencía
Tarta á cazola con frutos do bosque ó aroma de menta.



Precio dos menus..................25€ Inclúen viño mencía ou godello

INICIO DAS XORNADAS: noite do venres 16 de xullo ata o domingo 18

Presentación aos medios de comunicación de Trevenatio


O pasado 8 de xullo ás 12:00 horas en Ourense se presentaba oficialmente TREVENATIO 2010 ante os medios de comunicación. Unha convocatoria na que estiveron presentes o alcalde da Veiga, Edesio Yáñez; e o presidente e xerente do Inorde, Xosé Manuel Freire e Xosé Manuel Rodríguez, respectivamente.  Durante o acto, o presidente do Inorde apuntaba "ás enormes posibilidade que ten un concello tan fermoso como A Veiga no que se contempla a beleza da montaña e de Ourense en estado puro".
Pola outra banda, Edesio Yáñez amosábase moi ledo ante a celebración desta nova edición de Trevenatio na que "buscamos crear algo novidoso como é a Primeira Festa da Natureza de Galicia". "Non renunciamos nin esquecemos as anteriores edicións pero sí pretendemos darlle un xiro á deste ano", sinalaba o rexidor da Veiga.
O xerente do Inorde, Xosé Manuel Freire, foi o encargado de ler ante os medios o programa, que cualificou de "espectacular". "Un concello como A Veiga ten que potenciar os seus recursos naturais e as actividades ao aire libre, sobre todo se temos en conta que estamos ante a ollada do "teito de Galicia", un monumento natural que debe ser potenciado dende todas as institucións e organismos", asegurou o xerente do Inorde.

SEGUIMENTO MEDIOS
Á rolda de prensa convocada polo Inorde acudiron moitos medios de comunicación que se achegaron para interesarse pola edición de TREVENATIO 2010. A día de hoxe, podemos amosarvos varios links onde veredes algunha das noticias. No Faro de Vigo, na Región ou Telemiño que xa colgamos no post anterior. O volvemos a poñer aquí para que o vexades de novo.

PROGRAMA DEFINITIVO TREVENATIO

Hola a todos.. por fin podemos adiantar o PROGRAMA DEFINITVO de TREVENATIO 2010... Ten un pouco de todo e para todos....Como hai moita xente de fóra de Galicia, o colgamos en CASTELÁN...
Que o disfrutedes!


VIERNES 16 JULIO




10:45 h. APERTURA PÚBLICO RECINTO FERIAL


11:00 h. Presentación de las Jornadas de “Cata de Viños Trevenatio”
Iniciación al análisis sensorial de los vinos blancos gallegos, a cargo de D. Alfonso Losada, Jefe de Sección de la EVEGA. Cata de vinos blancos de las Denominaciones de Origen de Galicia (Monterrei, Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra).

13:30 h. Fin estimado da “Cata de Viños Trevenatio”

16:00 h. PIRAGÜISMO Y KAYAK
Disfrute de las aguas del embalse de Prada
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: hasta atardecer

18:00 h. Inauguración Oficial TREVENATIO 2010 en la carpa principal del recinto a cargo de D.ª Mª del Carmen Pardo López y D. José Luís Baltar Pumar. Recorrido por el recinto e instalaciones. Pinchos y vino de la tierra.

20:00 h. CIERRE RECINTO FERIAL


20:30 h. Inicio Jornadas Gastronómicas “Sabores en Trevinca”
Establecimientos participantes: Eido das Estrelas, As Chairas, Aira da Petada y Hotel El Ciervo. Precio del menú degustación 25€. Incluye vino mencía o godello.

Menú Eido das Estrelas
Brocheta de Vieiras y gambones con reducción de piquillo y espárrago verde
Medallones de venado con salsa de sauco y moras
Helado de violetas y Bailey´s con fideos de arroz dulce

Menú As Chairas
Empanada de lacón con grelos y chorizo con harina de maíz
Solomillo de buey con boletus y pastel de patata gratinada
Montonico con salsa de café

Menú Hotel El Ciervo
Flores de calabacín rellenas de virutas de solomillo de "porco celta" sobre fina crema de ceboleiros y patata
Pollo de corral al estilo de la abuela con puré de castañas y nueces y surtido de setas
Capricho relleno de crema con salsa de canela, helado de vainilla y chocolate caliente

Menú Aira da Petada
Ensalada templada con verduritas frescas y langostinos
Carrilleras de ternera gallega con reducción de Mencía
Tarta a la cazuela con frutos del bosque al aroma de menta




SÁBADO 17 JULIO


9:30 h. CAMINATAS-SENDERISMO
“I Camiñada Vereas da Veiga”
Lugar de salida: pueblo de Xares 9:30 de la mañana
Lugar de llegada: A Veiga
Distancia 11,1 Km
Duración estimada: 3h
Durante el recorrido se darán explicaciones sobre toponimia de lugares, leyendas, flora, fauna y arquitectura popular
Recomendaciones: llevar calzado adecuado para camiñar y alguna prenda de abrigo. Frutos secos, fruta y agua


MUSHING
Exhibición de tiro y de conducción
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: Mañana y atardecer


10:30 h. a 20:00 ACTIVIDADES INFANTILES
Tirolina, puente mono, talleres de nudos, geocaching, cuentacuentos, taller teatro, hinchables. TODAS GRATUITAS
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: ininterrumpido


10:45 h. APERTURA AL PÚBLICO RECINTO FERIAL

11:00 h. II Día Jornadas de “Cata de Viños Trevenatio”
Iniciación al análisis sensorial de los vinos tintos gallegos, a cargo de D. Alfonso Losada, Jefe de Sección de la EVEGA. Cata de vinos de las Denominaciones de Origen de Galicia.  Maridaje de vinos gallegos con quesos gallegos de denominación de origen. Conclusiones y comentarios, Pepe Mata, Presidente de Galicia Gourmand. Fin estimado da “Cata de Viños Trevenatio” 13:30 h.


13,00 h. PREGÓN OFICIAL TREVENATIO A CARGO DE MONCHO BORRAJO EN LA PLAZA DE A VEIGA


13,30 h. COMIENZO RUTA DE PINCHOS “SENDA DO SABOR”
Lugar: Bares y restaurantes de A Veiga incluidos en el ticket “Senda do Sabor”
Horario: todo el día


CAZA & PESCA
1. Exhibición de perros de muestra
Lugar: Coto de caza intensiva de Vilanova
Comienzo: Sábado mañana
Fin: Domingo tarde


2. Exhibición de Rehalas
Lugar: Vilanova

3. Exposición de Rehalas
Lugar: Xares, jardines Hotel El Ciervo o Pista polideportiva

4. Encuentros de pesca: Modalidades de trucha y ciprínidos
Lugar: Embalse de Prada y Río Xares
Comienzo: Sábado mañana
Fin: Domingo tarde


TIRO CON ARCO
Encuentro Exhibición de Arqueros en todas las categorías
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: Mañana y tarde


CETRERÍA
Exposición al público de las aves desde la apertura de la feria
Lugar: Playa de los Franceses
Exhibiciones de vuelo de 45 minutos aproximadamente
Sobre 12 aves de presa de distintas especies en exposición:
Águila de las estepas, Águila Real, Águila de Harris, Halcón Lanario, Búho real, Milano negro, Peregrino, Halcón Gerifalte, Lechuza común, Halcón lagar, Búho nival, Cernícalo común, cernícalo americano, etc.…
Al finalizar los vuelos habrá alguna sorpresa para los más pequeños.


PIRAGÜISMO Y KAYAK
Disfrute de las aguas del embalse de Prada
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: mañana y tarde


DEPORTE RURAL VASCO
Exhibiciones corte de troncos, levantamiento de piedras, etc.
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: Sábado mañana y tarde


16:30 h. CICLISMO
I Marcha Cicloturista senda Verde do Xares
Lugar de salida: Plaza do Concello de A Veiga
Lugar llegada: Playa de los Franceses
Recorrido: Senda Verde Embalse de Prada
Hora de salida: 16:30 h.
Avituallamiento: Poblado de Endesa en Prada
Entrega de distinciones y cena


20:00 h. CIERRE RECINTO FERIAL

23:45 h. ACTUACIÓN DE MUTENROHI EN CONCIERTO
Lugar: Plaza del ayuntamiento de A Veiga


DOMINGO 18 JULIO



11:00 h. APERTURA PÚBLICO RECINTO FERIAL

ENCUENTROS DE LLAVE
Exhibiciones de este juego tradicional gallego
Lugar: Valdín
Horario: Mañana y tarde
Federación Gallega de Chave


ESPECTÁCULO ECUESTRE
Exhibiciones en caballo, acrobacias, etc.
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: 18:00h.


CETRERÍA
Exposición al público de las aves desde la apertura de la feria
Lugar: Playa de los Franceses
Exhibiciones de vuelo de 45 minutos aproximadamente
Sobre 12 aves de presa de distintas especies en exposición: Águila de las estepas, Águila Real, Águila de Harris, Halcón Lanario, Búho real, Milano negro, Peregrino, Halcón Gerifalte, Lechuza común, Halcón lagar, Búho nival, Cernícalo común, cernícalo americano, etc.…
Al finalizar los vuelos habrá alguna sorpresa para los más pequeños.


PIRAGÜISMO Y KAYAK
Disfrute de las aguas del embalse de Prada
Lugar: Playa de los Franceses
Horario: mañana y tarde

19:00 h. CIERRE RECINTO FERIAL y FINALIZACIÓN TREVENATIO

PRESENTACION FERIA TREVENATIO

martes, 6 de julio de 2010

A senda gastronómica na Veiga



E vos preguntaredes que é isto, non si? Pois nada máis e nada menos que una réplica case exacta, á que lle falta a parte traseira dos tickets da SENDA DO SABOR, un roteiro gastronómico que terá lugar durante o sábado 17 de xullo en tódolos establecementos de hostalaría do noso concello. En cada un deles, poderedes degustar un viño e un pincho diferente para probar a boa gastronomía que temos na Veiga. Os tickets venderanse no stand da organización e do concello e serán entregados cada vez que cheguedes ao establecemento en cuestión. Saboreade a Veiga.... mmmmm

Cata de viños en Trevenatio

Este mes de xullo comeza con moita actividade para a Oraganización de Trevenatio. Tan só quedan uns días para a cita e queremos ir adiantando a todos moitas das actividades que terán lugar durante os días que dura a feira. Entre elas, nada máis e nada menos que unha cata de viños para valorar os excelentes caldos das nosas Denonimacións de Orixe. Deixamos aquí constancia co cartel e coa información arredor desta actividade que se celebrará o sábado 17.


I Camiñada Vereas da Veiga


Velaquí deixamos información doutra das actividades que terán lugar dentro deste TREVENATIO 2010. Agardamos que vos guste e que a xente se anime a coñecer os recantos deste paraíso natural, nada máis e nada menos, que camiñando.... Pasiño a pasiño!



1º.- ORGANIZACIÓN DA CAMIÑADA - BASES



a).- O percorrido comezarase no pobo de Xares, a unha altura de 996 m. A saída se efectuará as 9:30 h. da mañá.


b).- A distancia a percorrer desde a saída en Xares, ao punto final en A Veiga, e duns 11,1 km., e o tempo total camiñando, estímase nunhas tres horas (3 h.).


c).- O longo da camiñada, realizaranse descansos de corta duración para acurtar distancias e manter o grupo, deste xeito tódolos participantes manterán un ritmo igual de paso.


d).- Durante o percorrido se irán dando explicacións sobre toponimia dos lugares, lendas, plantas medicinais e arquitectura popular.



2º.- EQUIPO E MATERIAL


a).- Para realizar a marcha, se aconsella o emprego de calzado adecuado para camiñar por sendeiros inestables e pedregosos. É conveniente ademais levar algunha prenda de abrigo para os descansos.


b).- A ración de marcha de tipo lixeiro que debe levar cada participante, pode consistir en: froitos secos, barriñas de cereais, chocolate, algunha froita e auga suficiente.


3º.- ORGANIZACIÓN XERAL


a).- Os participantes deixarán o coche no pobo de Xares.


b).- O remate da marcha terá lugar o derredor das 12:30 a 13:00 h. da mañá en A Veiga. A continuación, un vehículo levará aos condutores a recoller os seus coches en Xares.


4º.- DATOS XERAIS


a).- De Xares a Baños:  8,180 km.- 135 min.

De Baños a Veiga: 2,920 km.- 45 min.

Da Saída en Xares á a chegada en A Veiga: 11,100 km.- 3 horas.



5º.- OBSERVACIÓNS


a).- A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrer os participantes, pero está previsto e se tratará por tódolos medios de evitalos.


b).- Os participantes deberán respectar as instrucións da organización


c).- Os participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, evitar calquera dano a animais e plantas.


d).- O lixo acumulado de cada participante deberá depositarse nos contedores do pobo no lugar de chegada.

PERFIL DA CAMIÑADA

miércoles, 30 de junio de 2010

Cartel xa definitivo da Marcha Cicloturista

Outra vez andamos por estes lares! Aínda que de forma provisional...porque temos que poñer as horas de saída desta proba, tal e como comentaba e preguntaba nun post un dos seguidores de TREVENATIO, colgamos o cartel da Marcha Cicloturista, para que vexades máis de preto que seguimos pechando o amplo calendario de actividades de TREVENATIO 2010...
Agardamos que vos gusten as nosas propostas e actividades para todos!

Máis cousas sobre o programa de Trevenatio



Bos días a todos e todas!
O concello da Veiga está a ultimar os detalles dunha das súas citas imprescindibles cada ano: Trevenatio. A feira, que edición tras edición ten máis visitantes, contará este ano cun slogan que define o seu obxectivo principal, ser a gran festa da natureza.
Enmarcada nun ámbito inmellorable, a praia dos Franceses será, un ano máis o punto de partida para os que se acheguen estes días a este canto de Ourense. Nesta situación terá lugar a exposición de postos de numerosas entidades e colaboradores que non quixeron faltar a esta cita anual. Máis de 1.500 metros cadrados de exposición onde o medio e a conservación serán protagonistas.

I Concurso fotografía ambiental Trevenatio
Unha das novidades desta edición, é a celebración do I Concurso de Fotografía Ambiental "Trevenatio", que premiará con 500, 300 e 150 euros as mellores instantáneas sobre o ámbito e a natureza do municipio da Veiga. O prazo para participar xa está aberto e as bases pódense consultar no blog de Trevenatio http://trevenatio.blogspot.com/. O fallo do xurado dará lugar á exposición das fotografías participantes e á entrega de premios durante a celebración desta edición da feira.

Actividades para todos

Ante os ollos do chamado teito de Galicia, Pena Trevinca será testemuña dunha morea de actividades para todos os públicos e idades. O deporte ao aire libre será un denominador común durante os tres días que durará Trevenatio.
A día de hoxe, prevese a asistencia de máis de 600 deportistas e afeccionados que simultáneamente e en diferentes situacións do municipio, desenvolverán diferentes actividades. Piragüismo, pesca, rutas en bicicleta, sendeirismo, orientación, tiro con arco, son só unha pequena parte do total. E é que a extensión do municipio e as múltiples posibilidades que ofrece, dende a alta montaña ata a praia Dos franceses, converten á Veiga no lugar idóneo para unha cita multidisciplinar, que xunte o deporte, medio e postos.
 
Trevenatio para nenos
Outro dos puntos fortes do programa que ofrece esta edición 2010, é a participación infantil. A organización pretendeu que os nenos sexan protagonistas no medio natural e para iso instalaranse tirolinas, haberá cuentacuentos en directo, talleres de maxia, actividades de orientación para os máis pequenos e diversos talleres especiais.

Unha cita gastronómica

Potenciar a gastronomía galega e en especial a de Ourense e das terras da Veiga é unha prioridade para a organización deste Trevenatio. Para conseguilo o concello conta coa colaboración da Asociación de Hostaleiros do municipio que repiten cunha iniciativa que obtivo grande éxito edición tras edición. Elaborarase un tícket para realizar unha ruta gastronómica polos diversos establecementos da Veiga onde se degustará un pincho diferente. Unha forma de que todos os se acheguen estes tres días, poidan coñecer a excelente cociña da zona.
Pero por se isto fose pouco, o venres 16, terá lugar unha cata de viños no recinto principal que achegará a expertos a unha zona tan famosa polos seus caldos como é a bisbarra de Valdeorras.

Un padriño de excepción acompañado da mellor música
En canto ao calendario confirmado polo momento, dicir que o humorista Moncho Borrajo será o encargado de ler o pregón desta edición, o sábado 17 á 13:00 horas e que a noite do mesmo sábado, -ás 22:30 h. -, a música percorrerá as Terras Altas de Trevinca coa celebración dun concerto de Mutenrohi. Tras a actuación destes magos do folk, seguirá a festa cunha verbena popular.

lunes, 28 de junio de 2010

Inscrición MARCHA CICLOTURISTA

Hola a todos! Por se quedou algunha dúbida no post anterior, confirmamos que para facer a inscrición para a I Marcha Cicloturista, tedes que enviar un correo electrónico a trevenatio@gmail.com poñendo os vosos datos:
Nome e apelidos:
Enderezo:
Idade:
Se pertence a algún clube ou asociación:

Así que xa o sabedes... enviade o correo a trevenatio@gmail.com e a participar!

domingo, 27 de junio de 2010

I Marcha Cicloturista BTT “Senda Verde do Xares”

Adiantamos pouco a pouco actividades deste TREVENATIO. Unha das novidades é esta Marcha cicloturista, con máis de 30 Km, que percorrerá todo o contorno do encoro de Prada.
Para que teñades todo claro, aquí tedes datos sobre a actividade:
  1. O inicio será na localidade da Veiga na Praia dos Franceses e o seu fin no mesmo lugar logo dun percorrido que pasará, entre outras, polas localidades de Casdenodres, Candeda, Prada, Oleiros, Vilaboa, seguindo todo o contorno deste encoro. Será un percorrido polo interior dunha masa forestal exuberante composta por unha grande variedade de especies forestais representativas de Galicia.
  2. Durante o traxecto atoparemos tamén numerosas praias fluviais únicas en Galicia cunha beleza comparable ás mellores das nosas costas.
  3. A marcha ten un perfil asequible para a meirande parte dos deportistas, polo que pode ser unha excelente oportunidade para coñecer A Veiga.
  4. A inscrición será totalmente gratuita, asumindo a Organización de Trevenatio 2010 o custe da totalidade dos seguros necesarios para a boa realización da marcha. 
  5. A cada participante daráselle, de balde, un maillot conmemorativo, así como diferentes agasallos  de Trevenatio. O avituallamento en todo o percorrido correrá da man da Organización, así como a manutención dos participantes. 
  6. Ao final da marcha, e nunha comida de confraternidade, terá lugar a entrega de diferentes distincións, entre as que estará un diploma acreditativo certificanado a súa participación neste acontecemento.
  7. Poñeranse a disposición dos participantes todos os servizos hixiénicos necesarios, duchas, etc. e o máis importante...NON HAI COTA DE INSCRICIÓN!
  8. A Organización de Trevenatio pon a disposición de todos aqueles que desexen participar un servizo de reservas de aloxamento, ben sexa nos diferentes establecementos de hostalaría como no camping que existe no concello.
  9. Arredor das 11 da noite poderán disfrutar tamén da actuación de Mutenrohi, que actuará en concerto na Praza da Veiga.


Para inscricións e  máis información acceder ao noso blog:

http://trevenatio.blogspot.com/- INSRICIÓN.....TEDES QUE ENVIAR UN MAIL A... trevenatio@gmail.com cos vosos datos: nome, apelidos, enderezo, se pertencedes a algún clube...
A que estades agardando?

viernes, 25 de junio de 2010

A VEIGA: por un futuro sostible


Escrito por Victorina Rey, bióloga

Na actualidade a paisaxe debe ser considerada como un sistema (visión holística) no que interactúan o medio ambiente e a ordeación do territorio, de xeito que o equilibrio entre ámbolos dous vai determinar o mantemento dos espazos naturais sen impedir o desenvolvemento que as sociedades modernas queren conquerir.

É responsabilidade das autoridades políticas, sobre todo de ámbito local, coñecela importancia dos bens paisaxísticos do seu contorno, protexelos e posibilitar que contribúan a unha mellora na calidade de vida dos veciños sen poñer en perigo o seu disfrute polas xeracións futuras ( Informe Brundtland no que se define por 1ª vez o concepto de desenvolvemento sostible incorporado a tódolos programas da ONU e que servíu de eixe para a Cumbre da Terra de Río de Janeiro en 1992 ).

A mellor maneira de entender isto e buscar un exemplo clarificador. En Galicia hai moitos, pero hoxe imos escoller un ben representativo: A Veiga (Ourense).

O concello de A Veiga, está enmarcado na comarca de Valdeorras xunto con Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín e O Bolo. Das súas serras xorden regatos que se aúnan para dar orixe ó Xares un dos afluentes do río Bibei que deixa tódalas súas augas no Sil para que faga caudaloso ó río Miño.

O río Xares nace en Pena Trevinca (con 2.127 metros é a maior altitude de Galicia), cunha grande potencia no seu primeiro tramo, baixa rápido e encaixado, e dicir, a súa capacidade erosiva permítelle afondar nos materiais e introducirse neles, de xeito que o val fluvial está ocupado polo río na súa totalidade. No seu percorrido faise coa auga do Meladas, Requeixo e o Corzo e reflicte na tona cristalina os penedos que o envolven agarimosos, núos no inverno e cubertos con toda a súa explosión de cores no verán. O Xares brincadeiro acomoda as súas augas ó ir chegando á depresión da Veiga onde deixa parte dos materiais que transporta para formar unha chaira na que o val está ocupado polo río e os aluvións. Esta artesa fluvial ten un nome moi galego: unha veiga onde os sedimentos foron a orixe de terras de labor fértiles que abriron a porta os asentamentos humanos da comarca. Sestea o Xares na Veiga, non se detén, racha o bordo da penechaira na Alberguería e, unha vez máis cinguido ás veiras atravesa a zona “das costas” para logo, paseniñamente regalarlle toda a auga ó Bibei en Portomourisco (Petín).

O Xares sorprende, asombra, conquista con tódolos sentidos: o balbordo nas fervenzas e remuiños, o cheiro a limpo das augas rebulidoiras, a composición pictórica dos vales monocromáticos no inverno de nevaradas… todo como resultado da interacción auga – terra, río – rocha, porque a natureza desta determina as formas do relevo. Son rochas metamórficas de idade cámbrica ou precámbrica nas terras altas e granitos hercínicos no resto, porque o Xares, sempre o Xares vainos levar a orixe, cando Galicia se ergue como parte das terras emerxidas do Macizo Hespérico como xerme máis antigo do que logo ía ser a Península Ibérica. Fainos viaxar no tempo cára o inicio do Paleozoico onde os terreos galegos afundidos se acumulan nunha cunca de sedimentación ou xeosinclinal que se vai desenvolver ó longo de 200 millóns de anos ata que no periodo Carbonífero se inicie a oroxenia Hercínica, e dicir, un proceso polo que se vai levantar Galicia e permitir que saian ó exterior os granitos que se fixeron no interior da codia continental, ó mesmo tempo que se van metamorfizar os materias areosos e arxilosos do fondo da cunca sedimentaria para dar orixe a metagrauvacas (areiscas metamorfizadas) e xistos.

Na Veiga podemos ver relevos de rochas vellas, antigas que, no contexto dunha Terra dinámica, rexuvenecen no Terciario e son modelados no Pleistoceno (Cuaternario) por mor das glaciacións que padecerá todo o norte de Europa e tamén as serras orientais galegas.

O glaciarismo cuaternario deixou a súa pegada na Veiga en forma de

• vales en U como o do Meladas que fai sitio nun bosque de ribeira onde se suceden bidueiros, ameneiros, sanguiños…

• de circos glaciares hoxe ocupados por lagos como o Ocelo ou o da Serpe.

Se as pedras se deixan modificar pola auga, polo xeo, co tempo, moito tempo, ese terreo rematará por permitir a presenza de vexetación que será a máis axeitada para as condicións edáficas e climáticas da zona. Da interacción destes factores deriva a eclosión dun terreo que mestura árbores, arbustos e herbas nunha harmonía de tamaños, formas e cores que tódolos anos volve á Edreira, Ponte, Vilanova, Lamalonga…

A Veiga, pola súa historia xeolóxica e xeomorfolóxica conformou un conxunto faunístico e florístico que debe ser preservado e protexido porque exerce unha múltiple función social, económica e cultural.

viernes, 18 de junio de 2010

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL "TREVENATIO"



Hola a todos! Outra das novidades máis importantes desta Festa da Natureza que será TREVENATIO 2010, é este I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL. Animamos a todos e todas a que miredes as bases e poidades gañar ata 500 euros! Premiaremos as fotos máis orixinais e de temática natural, potenciando o medio ambiente, que é un dos tesouros do noso concello.

Bases Galego

Bases Castellano

martes, 15 de junio de 2010

COÑECE A VEIGA


Na Galicia, máis profunda, onde os cumios dos montes acarician o azul do ceo, atopamos o lugar ideal para decansar coa cor das súas paisaxes, a tranquilidade das súas terras e a calidez das súas xentes. O concello da Veiga é un paraíso agardando a seres descuberto. A que esperas?.   Nos límites de Valdeorras con Zamora, en plena montaña ourensana, atopamos o concello da Veiga. Os seus 291,09 Km cadrados de superficie o convirten no concello máis extenso da comarca e nun dos meirandes de toda Galicia.
As 26 parroquias nas que se divide este paraíso natural, con capitalidade na localidade da Veiga, son un verdadero espectáculo para os amantes da natureza e do medio ambiente. A súa poboación, aséntase nas numerosas serras que integran o concello, que conta cunha altitude media de mil metros.
Un relevo característico
Este é o rasgo máis característico da Veiga: o seu relevo montañoso. As serras de San Lourenzo, Calva e Segundeira, polo sur; e a do Eixo, co seu cumio Pena Trevinca (2.124 m.) -o máis alto de toda Galicia- polo norte, vertebran o relieve do concello, modelado pola acción dos xeos e dos cursos fluviais. Arredor destas serras, con máis de 1.200 metros, exténdese un espazocentral de terras intermedias e máis baixas en altitude, onde se asenta a poboación. A altitude de moitos dos seus cumios, reflexa a dureza do relevo do concello da Veiga.

Cuestión de altura
Ademais de Pena Trevinca, existen otros picos con alturas cercanas aos 2.000 metros, como Alto do Torno
(1.942 m.) e o Pico Maluro (1.957 m.). Das serras descienden as augas de regatos e ríos rápidos, con grande foza erosiva, que orixinan vales estreitos. As fortes pendentes suavízanse cara o centro do concello, surcado pola principal arteria fluvial, o río Xares, que no seu camiño cara o Bibei, remansa nos encoros de Prada e Santa Baia.


O clima
Os rasgos climáticos son outra mostra máis da dureza do seu relevo que se caracterizan por duros invernos con baixas temperaturas e neve, e veráns frescos. Estes rasgos, xunto coa escasez de precipitacións, definen un clima continental nunha das áreas máis secas de Galicia. A capa vexetal varía en función da altitude. Os carballos das zonas inferiores deixan paso a matogueiras nos cumios.

domingo, 13 de junio de 2010

FLORA NA VEIGA

Hola a todos outra vez! Non sei se sabedes que a Veiga é un paraíso para os amantes da botánica. No seu territorio hai unha mistura única entre a flora eurosiberiana e a mediterránea. Un verdadeiro paraíso que debedes coñecer. Perderse polos recantos destas terras é unha experiencia singular e sobre todo, dende os cumios das terras máis altas de Galicia, podedes coñecer a flora de alta montaña. Outro agasallo para todos! A que estades agardando?

sábado, 12 de junio de 2010

COMITÉ DE HONRA


Hola a todos! Xa temos o noso comité de Honra... un elenco de persoeiros que apoian a nosa iniciativa e que apostan por TREVENATIO.... Dende aquí queremos que os coñezades e agradecemos que apoien esta FESTA DA NATUREZA...


TREVENATIO 2010

Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijoo
Excma. Sra. D. ª Pilar Rojo Noguera
Excmo. Sr. D. Alfonso Rueda Valenzuela
Excmo. Sr. D. Agustín Hernández Fernández de Rojas
Excmo. Sr. D. Samuel Juárez Casado
Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña
Excmo. Sr. D. Javier Guerra Fernández
Ilmo. Sr. D. José Luis Baltar Pumar
Ilmo. Sr. D. Edesio Yáñez Gómez
Ilmo. Sr. D. Camilo Isaac Ocampo Gómez
Ilma. Sra. D. ª María del Carmen Pardo López
Ilmo. Sr. D. Tomás Fernández Couto Juanas
Ilmo. Sr. D. Ricardo García- Borregón Millán
Ilmo. Sr. D. Eliseo Diéguez García
Ilmo. Sr. D. José Manuel Baltar Blanco
Ilmo. Sr. D. Rogelio Martínez González
Sr. D. José Manuel Freire Couto

jueves, 10 de junio de 2010

PROGRAMA (provisional)

Aquí tedes para descargar o programa provisional desta edición de TREVENATIO... Agardamos que vos guste! Pinchade nel e xa o teredes nos vosos ordenadores para non faltar á cita!

jueves, 3 de junio de 2010

O ENCORO DE PRADA


Estas imaxes non son do Caribe, estas augas azuis-verdosas están nun lugar único en Galicia: no encoro de Prada. Para máis información sobre este lugar non deixedes de linkar neste enlace interesante
http://www.pradaveiga.es/

AXENDA TELEFÓNICA

· Concello
988 350 000

· Oficina de Turismo
988 350 130

. Centro de Saúde
988 350 025

· Garda Civil
988 350 052

· Correos
988 350 007

· Farmacia
988 350 002

· Servizos Sociais
988 350 000

· Oficina de Información Xuvenil
988 350 000

· Oficina de Información á Muller
988 350 000

· Técnico Local de Emprego
988 350 000

· Parada de Taxis de A Veiga
988 350 183

· Parada de Taxis de Xares
988 304 846

CASAS TURISMO RURAL

CASAS DE TURISMO RURAL. COÑECENDO A VEIGA E O SEU PATRIMONIO...

A AIRA DA PETADA
1 habitación individual, 3 dobres e 4 suites.Corzos, S/N 32.360 A Veiga (Ourense)
676 482 902 http://www.airadapetada.com/


TRISQUEL
Casa de aldea-residencia. 3 habitacións dobres con baño compartido.Vilanova 32.366 A Veiga (Ourense) 988 294 858 http://www.otrisquel.com/

EIDO DO TRISQUEL
Apartamentos rurais. 2 apartamentos de 5/7 prazas cada un.Vilanova 32.366 A Veiga (Ourense)
988 294 858
 http://www.otrisquel.com/


PORTO DO CARRO
Casa de aldea-residencia. 3 habitacións con baño incluído.Corzos 32.369 A Veiga (Ourense)
988 294 016
http://www.portodocarro.com/

EIDO DAS ESTRELAS
Hospedaría rural.Valdín 32.369 A Veiga (Ourense)
http://www.eidodasestrelas.com/

ÁRBORES DE LENDA
Rua Xeral nº 91, Xares, 32365 -A Veiga- (Ourense)

Tlf: 988-350136 Fax: 988-350136
http://www.arboresdelenda.com/
 
HOTEL EL CIERVO (XARES)
Estrada Ponte, s/n- A Veiga, Ourense
Tel.: 988 350 237- Fax: 988 350 210
http://www.hotelelciervo.com/
 
HOTEL RESTAURANTE AS CHAIRAS
Carretera de Covelo, s/n, A VEIGA, 32360, Ourense
Tel: 988350168
http://www.portodocarro.com/As%20Chairas.html
 

TURISMO NA VEIGA


Velaquí tedes un mapa turístico da Veiga... se queredes máis información non dubidedes en acceder a http://www.aveiga.es/ onde podedes ver un pouco máis de preto como é o noso concello.

COMO CHEGAR Á VEIGA




Vindo de León / Ponferrada / Monforte pola N-120, ó chegar a A Rúa seguímos a estrada C-533 de Viana do Bolo ata o Alto do Covelo (19 km), e dende alí unha estrada local lévanos ata A Veiga (11 km).

Vindo de Ourense / Benavente pola autovía A-52 saímos na Gudiña e tomamos a C-533 en dirección Viana-A Rúa. A 28 quilómetros da Gudiña chegamos ó Alto do Covelo, onde unha estrada local nos leva ata A Veiga (11 km).

Coordenadas GPS: N 42º 15' 0,7" - W 7º 1' 33,07"
Preme na dirección da que vés e obterás un mapa da ruta.

CONTA ATRÁS PARA TREVENATIO

Xa queda case un mes para a celebración dunha das citas máis senlleiras para os amantes da natureza, dos deportes ao aire libre, da boa música e da montaña. Baixo a atenta mirada do "Teito de Galicia", a Veiga será un ano máis o escenario natural perfecto para a celebración dunha nova edición de TREVENATIO.