Mostrando entradas con la etiqueta fin prazo presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin prazo presentación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de julio de 2010

Fin prazo concurso fotos

Bos días! Antes de nada agradecer a participación de todos e todas. Sabemos que nesta nova edición de Trevenatio había pouco tempo para a "reacción" ante este novo concurso, pero pensamos que é algo que pode ser positivo para botar un xérmolo e que sexa algo contínuo para edicións futuras. Agradecemos a enorme resposta que tivo esta acción e dentro de pouquiño, dentro da carpa principal da feira, poderedes ver expostos os vosos traballos e coñecer o fallo do xurado. Avisamos dende aquí a que non admitiremos máis fotos no concurso, posto que o xurado ten reunirse e TREVENATIO 2010, está aí as portas, pero animamos a que visitedes a exposición que é ben fermosa!
Ao longo destas horas subiremos o resto das fotos que chegaron o último día, que foron moitas, e agardamos a que sigades o noso blog para estares ao día das novidades do vindeiro concurso!

Grazas a todos!