Pola outra banda, Edesio Yáñez amosábase moi ledo ante a celebración desta nova edición de Trevenatio na que "buscamos crear algo novidoso como é a Primeira Festa da Natureza de Galicia". "Non renunciamos nin esquecemos as anteriores edicións pero sí pretendemos darlle un xiro á deste ano", sinalaba o rexidor da Veiga.
O xerente do Inorde, Xosé Manuel Freire, foi o encargado de ler ante os medios o programa, que cualificou de "espectacular". "Un concello como A Veiga ten que potenciar os seus recursos naturais e as actividades ao aire libre, sobre todo se temos en conta que estamos ante a ollada do "teito de Galicia", un monumento natural que debe ser potenciado dende todas as institucións e organismos", asegurou o xerente do Inorde.
SEGUIMENTO MEDIOS
Á rolda de prensa convocada polo Inorde acudiron moitos medios de comunicación que se achegaron para interesarse pola edición de TREVENATIO 2010. A día de hoxe, podemos amosarvos varios links onde veredes algunha das noticias. No Faro de Vigo, na Región ou Telemiño que xa colgamos no post anterior. O volvemos a poñer aquí para que o vexades de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario